Estás preocupado/a polas sustancias químicas no ambiente e como poden afectar a túa saúde? Sabías que un novo regulamento europeo sobre químicos entrou en vigor o un de xuño deste ano? Coñécese como Rexistro, Avaliación, Autorización e Restrición de Sustancias Químicas (REACH, siglas en inglés) e precisou de nove anos para se desenvolver. Provocou a batalla de lobby máis feroz na historia da UE, principalmente entre a industria química e as organizacións de saúde e medio ambiente.

REACH está ben lonxe da perfección, mais pode utilizarse para que as empresas eliminen as sustancias perigosas máis rápido dos produtos de consumo cotián; tamén podemos traballar para o mellorar, para que finalmente ningunha sustancia química se poida empregar se existen alternativas máis seguras. Como consumidor/a, ti tamén podes xogar un papel.

Infórmate lendo este folleto elaborado por varias organizacións ecoloxistas, de consumidores e de saúde de ámbito europeo:

Mi voz.pdf