Xa se pode ler o número 5 da revista electrónica Cos Pés na Terra . Inclúe unha crónica do II Congreso de Agroecoloxía  de Galicia e artigos sobre o canon hidroeléctrico, a reserva pesqueira de Lira, a impunidade das transnacionais, o impacto socioambiental de Calvo no Salvador, o desafío inaprazable da mudanza climática, os prexuízos sanitarios da contaminación atmosférica, o ecopacifismo e o pensamento de Manuel Sacristán. A persoa entrevistada  é Pedro Brufao, especialista en dereito ambiental que formou parte da comisión promotora da iniciativa lexislativa popular en defensa dos ríos galegos. O editorial aborda a relación entre enerxías renovables e territorio, asunto que o concurso eólico trouxo ao primeiro plano. Alén da revista, o consello de redacción de Cos Pés na Terra mantén un blog .