Cartaz Filmar para Cambiar sesion finalOrganizado no marco do ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar” por AAVV Xuntanza, Amarante e Verdegaia

 

 

O vindeiro mércores día 22 de maio terá lugar en Compostela a proxección das curtas enviadas ao certame “Filmar para Cambiar” que organizan as asociacións A Xuntanza, Amarante e Verdegaia.

As curtas seleccionadas para a proxección son as seguintes:

  •   “Pedigree”, IES Manuel García Barros de A Estrada
  •   “Historia de un hombre muerto”, Daniel Ibáñez Campos
  •   “Terra, mar e xente”, IES Maximino Romero de Lema de Baio
  •   “Lasaña Nueva Delhi”, María Carmen Carballeira, Tamara Coello García e Sabela Pernas Soto
  •   “Deu centímetres més a prop del cel”, Raquel Rei Branco
  •  “Aforradores. A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas”, Emmanuel Barbazán
  •  “Sombras”, Daniel Suárez García 

A entrada é de balde e até completar o aforo. O público asistente elixirá co seu voto a curta gañadora, que obterá unha cesta de productos de comercio xusto e outra de productos de horta de producción local e agroecolóxica.

A proxección será o mércores 22 de maio ás 20h no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37).