Verdegaia e Salvar la Selva organizan a proxección do documental Salmonopoly: A fiebre do salmón este venres 27 de maio ás 20:00 no Centro Social de Boiro. Este documental alemán, dirixido por Wilfried Huismann e Arno Schumann no 2010, investiga as actividades da empresa salmoneira máis grande do mundo, Marine Harvest, e do seu propietario, John Friedriksen. Malia pretender presentarse como unha empresa "verde, esta empresa é responsábel do  desastre ecolóxico que a explotación do salmón ten xerado en Chile: toneladas de antibióticos, pesticidas, insecticidas e tranquilizantes contaminaron o océano e destruído a flora e a fauna. Os pescadores artesanais xa non teñen que pescar. E, peor aínda, o 90% da pesca das costas chilenas terminan sendo utilizada para fabricar fariña de peixe onde se lle transforma en alimentos para os peixes.