Temos que informarvos de que a Delegación do Goberno denegou o permiso para a manifestación organizada pola Plataforma Contra as Fumigacións, da que fai parte Verdegaia. Esta manifestación estaba prevista para o domingo 29 de abril. Foliada Melide 2012

A causa da denegación do permiso, anúlase a manifestación, pero a Plataforma Contra as Fumigacións convida a todas as persoas a participar na Foliada de Melide que se celebrará tamén o día 29 de abril.

Non temos manifestación… pero imos de festa contra as fumigacións!