O mércores 8 de Xuño ás 19.30 20h, Verdegaia organiza na Escola Popular Galega (Rúa Real nº 12, Casco Vello de Vigo) a presentación dos últimos libros de Ramón Fernández Durán, recentemente publicados, que versan sobre o colapso do sistema capitalista e os limites biofísicos que restrinxen a súa lóxica expansionista. “La Quiebra del Capitalismo Global: 2000-2030” e “El Antropoceno". Para a presentación dos libros e o debate posterior contaremos con dous grandes amigos seus: Manolo Sáez de Baladre e Tom Kucharz de Ecologistas en Acción.

Ramón, ademais de ser un referente indiscutible nos movementos sociais, pensador e activista infatigable, era unha persoa excepcional, dunha calidade humana extraordinaria, queridísima por todos os mundos que o coñecían e aos que tanto aportou. Ramón deixounos fai escasas semanas, reivindicando unha morte digna, nun exercicio de absoluta coherencia. As súas ideas e reflexións seguen con nós nas numerosas aportacións vitais e intelectuais que fixo ao longo da súa vida, ademais dos numerosos e valiosos textos e libros que nos legou, como estes dous que presentamos o vindeiro mércores 8 de xuño.

  duran.jpg

Tedes máis información sobre a súa vida e obra nos seguintes enlaces:

http://laexplosiondeldesorden.wordpress.com/

pdf Biografía de Ramón Fernández Durán