ilpO martes 14 de maio preséntase no Parlamento galego a ILP que defende unha mudanza no modelo de xestión de residuos sólidos urbanos, para superar dunha vez o sistema centralizado e crematístico de SOGAMA en favor dunha proposta máis local, que prime de verdade os tres “R” e que consiga impulsar solucións como a compostaxe da sección orgánica.

Agardamos que os representantes dos diferentes partidos políticos e nomeadamente quen ocupa actualmente o Goberno da Xunta, escoiten a voz da cidadanía e atendan un asunto que debería ser prioritario se queremos garantir un medio natural sostible no noso territorio.

Se queres podes acudir ás portas do Parlamento expresar o teu apoio a esta ILP. Alí está convocada unha concentración a partires das 11h da mañá con este fin.