vlcsnap-4088028.pngMais millar de persoas convocadas pola Coordinadora Antitouradas de Pontevedra e apoiada por colectivos como Matar por Matar Non, Galiza sen touradas, Verdegaia e Amarante, entre outros, mobilizáronse hoxe polas rúas de Pontevedra para amosaren o seu rexeitamento a esta modalidade de tortura e para esixir a súa retirada do programa das festas por parte do concello.

Durante a mobilización, na que estiveron presentes varios membros do Núcleo comarcal de Verdegaia-Pontevedra, puidéronse escoitar lemas como “A tortura non é arte nin cultura”, “As touradas fóra das festas” ou “Non son artistas, son asasinos”. Nun ambiente festivo e plural, as persoas participantes da mobilización coincidiron en rexeitar estas practicas e solicitar a implicación da Xunta de Galicia para a elaboración dunha lei de defensa dos dereitos dos animais.

vlcsnap-4085190.pngO aumento de participantes na mobilización deste ano con respecto a anos anteriores ten que ver cun cada vez maior rexeitamento das touradas por parte dos pontevedreses e das pontevedresas, pero tamén co feito de que por primeira vez o maltrato animal fora o elemento central da mobilización.

Podes ver o vídeo no web da Coordenadora Antitouradas de Pontevedra