O pasado 21 de Outubro unha milicia armada contratada pola transnacional da agroindústria Syngenta matou no acampamento Terra Livre (Paraná, Brasil) o militante do MST Valmir Mota de Oliveira, “Keno”. Via Campesina fai un chamamento a converter o vindeiro 8 de Novembro nunha xornada de acción global contra Syngenta. 

En Marzo de 2006 Via Campesina-Brasil ocupou os campos experimentais de transxénicos de Syngenta en Santa Teresa do Oeste, ilegais por estar situados na área de amortiguamento do Parque Nacional do Iguazú. A acción fixo posíbel o estabelecimento dunha sanción de 500 mil dólares a Syngenta, que nunca pagou.

O campo experimental de Syngenta, ademais de estar próximo ao Parque Nacional, é viciño do asentamento do MST que xa existía con anterioridade. No asentamento cultívanse variedades crioulas de millo, ameazadas de contaminación transxénica. Vía Campesina propuxo desde o comezo a transformación do campo de Syngenta nun centro de investigación e produción de sementes agroecolóxicas. A proposta foi apoiada polo gobernador de Paraná e recorrida por Syngenta.

Unha orde xudicial de desaloxo e o clima de violencia levaron ao abandono provisorio do asentamento en Xullo de 2007, á espera dunha resolución definitiva. En Outubro o asentamento foi reocupado para retomar as actividades e presionar para a resolución legal do conflito. A empresa de seguranza NF, contratada por Syngenta, recebeunos con disparos. Non foi un incidente isolado.

Vía Campesina chama a realizar accións de protesta nas oficinas de Syngenta e a entregar oficios nas embaixadas de Suíza (país de orixe de Syngenta) e Brasil coas seguintes demandas:

  • Castigo aos actores materiais e intelectuais deste crime
  • Expropiación das áreas de Syngenta para a produción de sementes crioulas e que sexan administradas pol@s labreg@s
  • Expulsión de Syngenta de Brasil
  • Que o goberno de Brasil adopte medidas para asegurar a integridade física d@s labreg@s ameazad@s polos pistoleiros contratados por Syngenta

Vía Campesina tamén chama a:

  • Respaldar as iniciativas de Amnistía Internacional no chamado de repudio e condena a Syngenta
  • A realizar xornadas de protesta nas embaixadas de Suíza e Brasil, e nas oficinas de Syngenta, 8 de Novembro e 10 de Decembro de 2007, condenando este feito criminal
  • Enviar comunicados a:

 

Governador do Estado do Paraná

Exmo Governador do Estado do Paraná

Sr. Roberto Requião de Mello e Silva

Palácio Iguaçu

Praça Nossa Senhora de Salete, s/nº, 3º andar

Centro Cívico 80.530-909 Curitiba/PR – Brasil

Fax: + 55 41 3350 2935

Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency

 

Ministro da Justiça

Exmo Ministro da Justiça

Sr. Tarso Genro Esplanada dos Ministérios, Bloco "T"

70712-902 – Brasília/DF – Brasil

Fax: + 55 61 3322-6817

Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency

 

Copias para:

Secretaria Especial de Direitos Humanos

Exmo. Secretário Especial

Sr. Paulo de Tarso Vannuchi Esplanada dos Ministérios – Bloco "T" – 4º andar

70.064-900 – Brasília/DF – Brasil

Fax: + 55 61 3226 7980

Saudação: Vossa Excelência/ Your Excellency

 

Copia ao MST Brasil e Via Campesina

Enviar pequeno informe e fotos sobre as accións