Este sábado 15 de agosto, dentro da programación do Actíva-te no Verao, organizado pola Ra, Amarante, Semente, Casa da Xuventude de Ourense, Amigos da Terra, Lerchas, Saramaganta.info, CineClube Padre Feijoo, A Esmorga, Anacos da Cidade, a Comisión de denuncia de Galiza e Verdegaia, esta última levará a cabo un obradoiro de bonsais feitos con arame (o que está dentro dos restos de cable que nos van quedando na casa).

O obradoiro será ás 18:30 h nas piscinas de Oira e poden acudir persoas de todas as idades.

Soamente hai que traer restos de cable ou o arame xa pelado para facer o bonsai.

Aprenderemos, así, a facer un adorno sinxelo e artesán con material de refugallo.