O día 16 de febreiro terá lugar un obradoiro de reutilización de material de refugallo para facer diferentes obxectos. Farémolo no Local social de Verdegaia (Avenida da Habana, 64) a partir das 11 h.

Esta actividade cumpre varias funcións: en primeiro lugar, reducimos os nosos residuos, xa que os reutilizamos para facer outro tipo de obxectos; en segundo lugar, potenciamos a nosa imaxinación e, en terceiro lugar, conseguimos a satisfacción de facer nós mesm@s algo que así non precisamos comprar.

O problema dos residuos é un dos máis graves hoxe en día e aprender a reducir e reutilizar é moi importante para botarmos unha man para que tod@s poidamos seguir gozando do medio ambiente, que non é outra cousa que a nosa casa.