O grupos comarcais de Amarante e Verdegaia de Pontevedra imos poñer en marcha  un MERCADIÑO DE TROCO. A iniciativa xurde da colaboración das dúas organizacións no campo do Consumo Responsable e seguindo exemplos de outras vilas galegas, coma é o caso de Vigo, onde diversos colectivos realizan unha vez ao mes esta iniciativa.

Recentemente Amarante e Verdegaia realizaron unha experiencia piloto, no marco da festa da soligariedade, que foi todo un éxito de participación da xente.

O mercadiño, que terá a súa primeira cita o próximo sábado 31 de outubro na praza da Verdura, entre as 12,00 e 14,00 horas, pretende consolidarse realizándose tódolos últimos sábados de cada mes.

Trátase dunha cita co sentido común, a ecoloxía e o aforro. Parácheste a pensar en cantas cousas tes en casa que non utilizas? Fai limpeza, escolle aquilo que está en bo estado e vén ao mercadiño. Seguro que o que ti xa non usas, outra persoa necesítao. E ao revés: para que comprar o que podes atopar de balde? Libros, discos, roupa, electrodomésticos, informática…

Recorda, o sábado 31, de 12 a 14 h na Praza da Verdura, tes unha cita coa ecoloxía e a economía máis solidaria. Porque cada vez que trocas, decides en que mundo queres vivir.