Ao roteiro asistiron catro valentes aventureiros a pesar do tempo que podía ser malo (e algo aínda chuviñou) e da cantidade de auga que levaba o río Arnoia. De feito, a rota houbo que facela na segunda variante, xa que unha das pontes por onde se ía dar a volta para volver por outro sitio levouna o río por diante uns días antes do roteiro.

p1010041.jpg

E precisamente aproveitamos que eramos poucos pero valentes e ás veces case que tivemos que ir a nado, pero precisamente isto fixo que o roteiro fose aínda máis interesante. Vimos unha grulla ao principio e un gavián ao final e todo o previsto inicialmente.

p1010042.jpg