dptico_exterior.png

Por segundo ano consecutivo Amarante, Sindicato Labrego Galego , Verdegaia, A Gradicela e Árbore únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en Vigo que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades de Galicia. Mercados transparentes de alimentación e roupa ou accións lúdicas sobres as condicións do téxtil serán algunhas das accións que se desenvolverán para achegar a cidadanía galega en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ás condicións de vida de moitas persoas do Norte e do Sur. Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se producen co modelo empresarial destas grandes canles de distribución, que provocan grandes eivas humanas e medioambintais a nivel mundial.

Así no sector do téxtill

Investigacións feitas pola Campaña Roupa Limpa en Asia descubriron como empresas como Carrefour ou Lidl que teñen unha liña ampla de roupa, – sendo Carrefour é o 4º comercializador de roupa de Europa- descubriron graves condicións de explotación nas miles de mulleres nas fábricas que cosen para estas transnacionais. Falamos de 60 a 80 horas semanais, 7 días á semana, 30 días seguidos en picos altos de produción, abusos físicos, verbais e sexuais son algunhas das condicións laborais. Testemuños como este se repetían en fábricas de Bangladesh, India.

"Temos que traballar das 9 da mañá ata a 1 da madrugada. Non podemos elexir traballar sólo de día ou de noite. Esta xornada é así a diario, e iso durante 30 días ó mes." Testemuño Traballadora dun provedor de Carrefour, na India. (Investigación da Campaña Roupa Limpa Internacional).

No sector da alimentación

Carrefour, Merdacona, Eroski, e Alcampo controlan máis do 50% do mercado de alimentación. Isto ten como unha das consecuencias a imposición de prezos dos alimentos que mercan ás persoas labregas onde a presión cada vez é máis grande que os prezos que marcan están levando a desaparición das explotacións agrarias por imposiblidade de vivir do que pagan. Isto están provocando unha maior diferencia entre o prezo que se paga ás persoas produtoras e os prezos de venta ás persoas consumidoras, tendo uns grandes beneficios estas grandes multinacionais.

Os mercados transparentes que se farán este sábado se poderán visibilizar estas diferenzas no que se paga ás produtoras co que paga as consumidoras.

A responsabilidade desta situación son as políticas agrarias tanto do Estado español como da UE que permite este tipo de actuacións e de modelo de produción que aumentan os beneficios das grandes corporacions agroalimentarias e de distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego demanda un cambio na política agraria que teña en conta as persoas produtoras e da calidade dos produtos por riba dos intereses particulares das empresas.

A nivel ambiental

O sistema de produción e consumo baseada nas grandes superficies ten un altísimo impacto ambiental ademais do social. Estes impactos veñen da man dos procesos e sistemas de produción industrial fundamentados nas grandes distancias e na química de síntese para manter a produción. Fabricar uns pantalóns vaqueiros de algodón cultivado cos métodos industriais convencionais precisa 350 gr de produtos tóxicos (asperxido de pesticidas, fertilizantes, etc.)(1) e dende a materia prima ate ter o produto no escaparate do centro comercial pode chegar a percorrer 65.000 km (2) 

A situación das grandes superficies nos extraradio das cidades obriga aos consumidores e consumidoras a desprazarse, para o que o conxunto da sociedade realiza enormes investimentos en infraestruturas de transporte, contribuíndo así a agravar o problema do cambio climático. Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 81 % entre 1990 -ano base do Protocolo de Quioto- e 2004.  Un estudo de Friends of the Earth indica que un supermercado provoca tres veces máis emisións de dióxido de carbono por metro cadrado de superficie de venda que unha tenda de barrio.

A nivel local do tecido económico (conclusións)

No 2006 existían xa no territorio español 359 hipermercados (8.000 m2) e 6.632 supermercados (870 m2) (3).

A apertura dun hipermercado ou centro comercial causa unha media de 276 perdas de postos de traballo e o peche do pequeno comercio nun radio de 12km. No 2007 se pechaban ó día 11 pequenos comercios de alimentación.

A moi citado beneficio económico de ter unha grande superficie na comarca queda desmintido cando se comproba a perda do tecido económico local do pequeno comercio, onde vemos como o que gastan as consumidoras/es nestes comercios o 50% retorna á economìa local, namentras que nas grandes superficies solo chega ó 5%.

Así, dende as demandas dos colectivos solicitamos:

mercados curtos de comercialización, outro modelo de política agraria e comercial que garantan as condicións laborais e de vida e do sustento das persoas traballadoras por riba dos intereses e os beneficios das multinacionais e as consideracións e que se mire polo impacto ambiental deste modelo insostible de comercialización.

(1) Moda sin tóxicos. Greenpeace
(2) El Viaje de un pantalón vaquero. Revista Integral

(3) Datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

Programa:

4 de Maio, 20:00 horas, Galería Sargadelos de Pontevedra: Mesa Redonda, "O impacto negativo das grandes superficies", con Lidia Senra (SLG), Ramón Rodríguez (A Gradicela) e Adrián Serantes (Amarante).

6 de Maio, 20:00 horas, Galería Sargadelos de Pontevedra: Apresentación da Iniciativa Salarios Dignos en Asia, con Fernanda Couñago e Eva Blanco (Amarante)

8 de Maio: Día do Comercio Xusto

  • Compostela: Praza do 8 de Marzo (Feira da Primavera) de 11:00 a 15:00 horas
    • Mercado Transparente de Alimentación
    • Exposición e Degustación de produtos de Comercio Xusto
    • 13:00 horas: Pasarela reivindicativa "A moda que incomoda", coa colaboración da poeta e conta-contos Iolanda Aldrei
  • Pontevedra: Praza do 8 de Marzo de 11:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente
    • Mercadiño de Troco
    • Degustación de produtos de Comercio Xusto
    • Actuación do grupo musical Os Chichisos
    • Actividade Teatral
  • Vigo: Mediana da Gran Vía á altura da Rúa Venezuela de 11:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente de Alimentación
    • Mercado Transparente de Roupa
    • Tetralización através da danza da cadea de produción de roupa e as súas consecuencias nas condicións laborais
  • Ourense: Rúa Sáen Díez, no contorno do Centro Comercial Ponte Vella de 12:00 a 14:00 horas
    • Mercado Transparente de Roupa