O día 20 de xullo celebrouse na praia de Samil o Festival Aéreo Internacional de Vigo (9 a 15 h.). Este foi un espectáculo inigualable, pero de incumprimento da Lei de Costas. 

Estas son as razóns polas que se incumpriu a Lei de Costas: 

1. Presenza de publicidade no paseo marítimo (artigo 25.1)

2. Interrupción do paseo marítimo na zona central da praia  (artigo 27)

Ademais pechouse a parte central da praia con valados e cintas; colocáronse postos de venda de obxectos militares; colocáronse toldos para a organización e medios de comunicación e exército.

Pero o máis grave de todo é que centos de persoas ocuparon o sistema dunar de Cabo de Mar e os rochedos de Argazada. Isto produciu unha degradación castigada polo artigo 90 da Lei de Costas. Tamén se produciron uns altísimos niveis de contaminación acústica no centro da praia coa megafonía e o voo dos avións e dos helicópteros.

Por todo isto, Verdegaia presentou unha denuncia na que esixe que se sancionen todas estas infraccións e que os que se beneficiaron coa desfeita do sistema dunar e da zona dos rochedos de Argazada paguen os danos e as perdas correspondentes.

Por último, esiximos que este festival non se volva celebrar na praia de Samil pola vulneración brutal que supón á Lei de Costas.