No Día Mundial do Comercio Xusto, sábado 9 de maio, en Verdegaia querémonos facer eco da nota de prensa da Coordinadora estatal do comercio xusto e como movemento reivindicamos que para saír desta crise global provocada polo COVID-19 é preciso desenvolver outro modelo económico que poña a vida no centro, cumprindo cos dereitos das persoas e o coidado do medio ambiente fronte a acumulación de beneficios.

A desigualdade e a crise climática son as principais consecuencias do actual modelo económico baseado nun consumismo desmesurado e insostible, cuxo único fin é a xeración de capitais. Esta crise sanitaria pon de manifesto a vulnerabilidade deste sistema, que deixa a persoas atrás, en condiciones indignas, sen as súas necesidades vitais básicas cubertas. Entendemos e defendemos que a saída a esta crise deber ser global e colectiva, e debe apostar por unha mudanza no sistema económico que priorice a dignidade humana e a protección do planeta, de forma impertiva e inminente.

Dende Verdegaia levamos dende a nosa fundación loitando e reivindicando outro modelo de consumo que non consuma o planeta, e neste ano aínda que sexa de forma virtual, debemos ter en conta a necesidade de mudar os nosos hábitos de consumo,

A tres principais demandas son:

As persoas fronte os beneficios económicos. Dereitos laborais e vida digna para traballadoras de todo o mundo.

Esta crise pon de manifestoo paradoxo de que moitos dos traballos peor remunerados, como o cultivo de alimentos, ou traballadoras da recolecta, son os esenciais para manter a vida. Sin embargo, a maioría de quen os realizan en condicións laborais indignas, con salarios por debaixo del limiar da pobreza o en sectores informais. O Banco Mundial conclúe que 6 de cada 10 persoas pobres de todo o mundo traballan na agricultura, un paradoxo da cadea global da alimentación, con numerosos intermediarios, que procuran maximizar o lucro e a especulación co subministro de alimentos na contra dunha produción Sostíbel e garantindo a abastecemento. Paradoxo que existe tamén noutros sectores comerciais (téxtil, tecnoloxía…). É preciso garantir los dereitos laborais e unha vida digna para todas as traballadoras, é un dereito fundamental que, axude a consolidar unha sociedade global máis xusta y menos vulnerable fronte as crises.

Realizar un consumo responsable

O nivel de consumo actual es insostíbel, no so provoca un perigoso deterioro medioambiental, senón que ademais alenta fenómenos como a deslocación de empresas, a produción en países con menor renda onde ha menos regulacións e nos que os sindicatos ou están prohibidos ou a súa acción non é completamente libre, o que en definitiva provoca pobreza para quen este nos últimos eslavóns da cadea. Mais algo positivo trouxo esta crise, preguntarnos, como individuos e coma sociedade que é o realmente importante. As organizacións de Comercio Xusto defendemos a necesidade de axustar os nosos niveis de consumo e as nosas necesidades reais, e optar por produtos elaborados de maneira respectuosa coas traballadoras e co medio ambiente. Reivindicamos, tamén, a necesidade de cuestionar o noso modo de vida e hábitos de consumo.

En Verdegaia sumámonos o movemento do Comercio Xusto, en facer un chamado para consumir de forma responsable en tendas de barrio e de Comercio Xusto, apostando polo comercio de proximidade que sostén os nosos barrios e pobos.

Respecto ao medio ambiente

O coronavirus desafía o noso mundo en plena crise climática, como unha chamada de atención ante a imperiosa necesidade de coidar o único planeta que temos. Fenómenos como o quentamento global, a desertización ou a deforestación son algunhas das consecuencias derivadas do modelo produtivo imperante e da agricultura industrial, bastadas no uso indiscriminado de recursos naturais, a produción masiva de bens e prácticas agrícolas como o monocultivo ou o uso de fertilizantes químicos e outros produtos químicos. Por todo isto reclamamos una transición urxente a un modelo produtivo verde e neutro en emisións de carbono.

En definitiva, a crise do coronavirus demostrou o insostíbel e desigual do modelo de “crecemento” económico mundial. As respostas e propostas para saír desta crise non poden caer nos mesmos erros. É preciso aproveitar esta oportunidade para mudar o rumbo cara un modelo de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social.