jpg violenciaescolar1-bf221Da área de Educación Ambiental e Xustiza Social de Verdegaia retomamos o noso traballo sobre o currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto, desta volta en colaboración co sindicato de ensino STEG. Neste sentido temos publicado un artigo sobre esta cuestión no último número da súa revista, Aulas Libres, que podedes ler na ligazón indicada máis abaixo. Participaremos tamén cun obradoiro sobre o tema nun curso para docentes que organizará nos proximos meses, centrado na relación entre ensino e problemáticas ambientais.

Artigo “O currículo oculto antiecolóxico nos libros de texto” para o STEG.