E NA TARDE, FALADOIRO SOBRE OS COMUNAIS CON “BRAVOS FOUNDRY”

SÁBADO 26 de setembro as Brigadas voltan á Área Conservada pola Comunidade de Froxán (Lousame) para unha deseucaliptización en toda regra, na que tumbaremos e retiraremos os pés de eucalipto que están a invadir unha zona de carballeira e máis a zona húmida e turbeira de Campo de Lamas.

Na parte da tarde, logo do albaroque, teremos un faladoiro e debate encadrado nas xornadas internacionais sobre “Os comunais: desde a traxedia á recuperación” (The Commons, between Tragedy and Recuperation) que organiza o colectivo Bravos Foundry.

Na roga traballaremos en pequenos grupos de 6 persoas separados entre si (cada un deles cunha ou dúas persoas motoserrista) e mantendo as distancias persoais. Enviaremos instrucións máis precisas sobre o que precisades traer (luvas, copo, garfo, garrafa) ás que debemos atender para que todo corra ben.

Para vos apuntar, é preciso, alén de estardes inscritas como Brigadistas, enviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o día 23 de setembro. As prazas son limitadas e inscribirémosvos por orde. Se non estades seguras de que poderdes vir, por favor deixádeo para a próxima.

VÉMONOS NO MONTE!