A tenda de comercio xusto de Amarante e o local social conxunto que inauguramos o sábado 15 de decembro plasma en Ourense o desexo das dúas entidades de estreitar os seus lazos de colaboración. Ambas naceron para afrontar os mesmos retos desde diferentes movimentos sociais e con análises ideoloxicamente próximas. Desde a cooperación internacional unha, desde o ecoloxismo social a outra.

Esta unión de forzas e apoio mutuo posibilitarán unha maior presenza e capacidade de incidencia de ambas as organizacións, farán máis posíbel avanzar na construción dunha alternativa emancipatoria, galega e global, fronte ao modelo neoliberal. 

Convidámoste a te achegar polo local no sábado 15 ás 13:00 h, Avda. da Habana 64.