Verdegaia manifestouse en maio de 2007 en Mariñamansa por causa das chemineas ilegais que Mercadona colocou nunha zona verde e de ocio e entre os edificios, que ía expulsar directamente ás casas dos/as veciños/as todos os fumes do supermercado e do aparcamento soterrado. 

Noutra Xunta de Goberno decidiron que a modificación do trazado debía consistir en retirar as chemineas, meter os condutos baixo unha capa vexetal nesa zona verde e situar os condutos de saída xusto enriba da entrada de Mercadona, por ser un sitio máis aberto e de paso. Esta votación foi aprobada por unanimidade e o novo trazado dos condutos aceptada polos/as veciños/as.

Cando remata o prazo para facelo, curiosamente dinlle ós/ás afectados/as que non se van retirar esas chemineas, é dicir, non se vai cumprir a sentenza nin as decisións tomadas en Xunta de Goberno.

Os/as veciños/as, loxicamente, pedíronlle explicacións á responsable de urbanismo, Áurea Soto. A concelleira non deu ningunha explicación razonable segundo os/as veciños.

Verdegaia denuncia o incumprimento da sentenza e esixe que o actual goberno municipal, en particular Áurea Soto, concelleira de Urbanismo, explique publicamente que motivos de peso poden facer mudar o rumbo dunha sentenza aceptada e de dúas Xuntas de Goberno, xustamente cando acaba o prazo para retirar as chemineas.

Verdegaia quere tamén manifestar publicamente o seu apoio ós/ás veciños/as que seguen loitando legalmente, eles si, contra esta ilegalidade desde o punto de vista urbanístico e medioambiental.