O Domingo 16 de Xuño ás 12.00, imos celebrar unha nova MARCHA CONTRA CELULOSAS con saída simultánea dende as Alamedas de Marín e de Pontevedra.

Unha marcha que moi ben puidera supoñer o fin da actividade de ENCE en Lourizán. E, dada a situación de esperanza que se abre hoxe para quen loitamos contra a presenza de ENCE na Ría e pola recuperación da súa vocación natural, queremos que este 16 de xuño sexa unha data festiva, de alegría, porque o noso obxectivo está máis próximo!

Por iso temos decidido facer a MARCHA un DOMINGO POLA MAÑÁ,…. porque pode transcorrer nun ambiente máis lúdico e luminoso…. E, por iso tamén, queremos facer na Alameda de Pontevedra, á volta da MARCHA, unha xornada de convivio entre todas aquelas persoas que ano tras ano vimos reivindicando o fin da actividade do complexo en Lourizán, entre todas as persoas que temos conseguido xa sacar a fábrica de ELNOSA da Ría e das nosas vidas…

Anímate e participa!

Veña, pechada xa ELNOSA… AGORA ENCE …

Manifesto polo cumprimento da lei e na defensa dos sectores produtivos.