Entre os moitos despropósitos das campañas e pre-campañas electorais, está a do envío masivo de propaganda aos domicilios.

Non ten sentido o desperdicio de papel que supón o envío desa propaganda nunha época na que é posible a comunicación telemática minimizando o consumo de materiais e enerxía.

Deixámosche aquí a ligazón ao INE onde podes solicitar facilmente que non che envíen máis propaganda electoral á casa:

https://sede.ine.gob.es/oposicionPartidos/presentacion

O proceso é reversible polo que en calquera momento poderás volver a solicitar que che envíen esa correspondencia.

Se iniciativas tan simples como esta che parecen interesantes, participa con nós achegándonos as túas ideas, denunciando as inxustizas que observes ou aportando os teus coñecementos. Pois si,a Natureza necesita xente coma ti!!