Vén de se publicar o número sete da revista Cos Pés na Terra , unha revista electrónica para a información, a reflexión e o debate sobre o medio ambiente e a sustentabilidade. Inclúe a crónica dunha conferencia de Carlos Taibo sobre decrecemento e artigos verbo do impacto dos parques eólicos na Rede Natura en Galiza, o panorama enerxético galego, a crise alimentar, o Plano de Acción para deter a perda de biodiversidade na UE e o activismo NYMBI. Activistas e expertos oferecen na sección debate a súa visión sobre o desafío que supón a mudanza climática para Galiza. O número complétase coa publicación dun manifesto ecoloxista galego de 1981 até agora inédito na rede e con varias reseñas de libros e revistas. Podes consultar o novo número da revista aquí .