Con algún atraso debido problemas técnicos, xa está colgado o número 4 da revista electrónica Cos Pés na Terra. Inclúe artigos sobre a contaminación atmosférica de fondo en Galicia, a declaración como Zona de Especial Protección das Aves da Limia, o impacto ambiental dos eucaliptais na nosa terra, o decrecemento, a corrupción urbanística e a insustentabilidade, os mariñeiros do Senegal que viven en Galicia logo de seren desprazados pola pesca industrial e o valor para a sustentabilidade dos saberes locais (co exemplo das albarradas, en Ecuador). O número complétase cunha entrevista a Álvaro García Ortiz, fiscal de medio ambiente de Galicia, un debate sobre o movemento ecoloxista galego e varias reseñas. A revista integra un blog do seu consello de redacción.