O pasado sábado 23 de febreiro tódolos participantes no proxecto Sapoconchos botámonos ó monte.

foto_de_grupo.jpg

Así, nen@s, pais, nais e monitores/as xuntámonos nun plantío organizado pola asociación Fontaíña e a Comunidade de Montes de Teis. Foi unha mañá de festa, onde @s nos@s pequen@s adicáronse a repoboar unha boa parcela antes ocupada por acacias. Na primavera, os carballos, bidueiros e cerdeiras plantados daranlle unha nova vida a este trozo dos montes de Vigo.

A xornada rematou cun xantar colectivo para celebrar o plantío dunhas 1500 arboriñas autóctonas previsto para estes días.

E no mes de marzo sairemos de excursión polo parque de Castrelos!! Xa vos iremos informando. 

 plantando.jpg