A muller afegá no rexime fundamentalistaRAWA é a organización político-social das mulleres do Afeganistán que loitan na clandestinidade desde 1977 pola paz, a liberdade, a democracía e os dereitos das mulleres nun país flaxelado polo maligno rexime fundamentalista. No serán da vindeira quinta-feira acolleremos a Mitra, unha rapariga de 26 anos, activista afegá de RAWA que está a percorrer as nosas terras. A charla terá lugar o 9 de decembro, ás 20:00, no local de Amarante e Verdegaia en Compostela (Av. de Romero Donallo 17). En Vigo o sábado 11 de decembro, ás 19:30, na Cova dos Ratos, Romil 3. Contamos convosco para Mitra sentir o noso interese e agarimo, aprendermos da suas vivencias, mais tamén para lle darmos azos como pobo valedor da xustiza social, da paz e a sustentabilidade ecolóxica.

Nada en Cabul en 1984, Mitra tivo de se trasladar coa súa familia ao exilio no Paquistán para poderen sobrevivir ao rexime afegán. Un goberno ruso de monicreques acababa de caer e comezaba a guerra entre faccións do 1992. A súa nai uniuse á "Asociación Revolucionaria das Mulleres do Afeganistán (www.rawa.org) e comezou a dar aulas nas escolas da organización.

Asociación Revolucionaria das Mulleres do AfeganistánMitra formouse naquelas escolas, onde aprendeu as materias básicas, mais ía tamén tomando conciencia sobre a traxedia das mulleres afegás e a necesidade de loitar contra as causas de tantas miserias. Con 16 anos, pasa a facer parte da RAWA e comeza o seu activismo “para apoiar o pobo descalzo e traballar pola construción dun Afeganistán laico, democrático e libre”. En 2007 licenciouse en psicoloxía pola universidade de Cabul e actualmente asume responsabilidades activas na RAWA, desenvolvendo tarefas como dar aulas, recompilar datos sobre violacións dos dereitos humanos e distribuír publicacións clandestinas por todo o Afeganistán.

A RAWA fundouse en 1977 como organización feminista segreda, sendo aínda hoxe unha organización clandestina e dramaticamente asoballada e perseguida polas gadoupas do fundamentalismo imperante no goberno oficial afegán e do extremismo taliban.

Máis informacións