Misión de Verdegaia

A misión dunha organización, particularmente nas Organizacións Non Lucrativas (ONL), tense salientado como un dos elementos fundamentais na súa configuración. Define en grande medida os obxectivos de Verdegaia.

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente, constituída co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global, por medio da investigación, sensibilización social, deseño e implementación de proxectos, presión a gobernos e empresas e acción nonviolenta