TROCO maio2013Espazo de Troco é unha iniciativa da que tomamos parte varios colectivos de Compostela, entre eles Verdegaia, e que se iniciou co fin de favorecer un espazo aberto ao intercambio de bens e valores. Dende o pasado mes de marzo o espazo abriuse tamén á venda de segunda man, de xeito que a maiores do troco e a tenda libre, a partir de agora tamén se poderán mercar e vender obxectos usados, sempre que respecten a actividade dos postos do mercado.  

A xestión dos produtos e o tipo de intercambio (troco, cesión ou venda) dependerá exclusivamente das persoas que veñades e do que acordedes entre vós, de xeito que podedes traer o que se vos ocorra, montar o voso propio posto de troco ou segunda man, etc…

Agradeceriámosvos nos botásedes unha man coa difusión do espazo para poder deste xeito compartilo con canta máis xente nos sexa posible.

Vémonos o vindeiro martes 14 de maio no Mercado entre Lusco e Fusco, nas terrazas de Belvís, entre as 19.30 e as 20.30!

Nós poñemos o sitio, ti o contido: trae todo o que se che ocorra!

Tróca-te, tróca-nos!