O vindeiro domingo 23 de decembro, dentro de Os Domingos de Lecer Verdegaia Ourense, celebran unha nova convocatoria do mercadiño de troco de esta volta na PRAZA SACO E ARCE, pola maña de 12:00 a 14:00 e pola tarde de 16:30 ate as 19:00 horas. O troco é un sistema de consumo máis responsable, posto que implica unha toma de decisións sobre o que necesitamos e o que non; ecolóxico, porque se materializa aquí, na nosa cidade, dándolle unha segunda vida a obxectos que doutro xeito acabarían no lixo; e social, porque pon en común ás persoas que participan nel.

Este mercadiño consiste, como indica o seu nome, en trocar unha cousa por outra. Pódense trocar todo tipo de cousas: roupa, xoguetes, xogos de mesa, adornos da casa, libros, música, etc.
Estas foron as experiencias que se recrearon noutros lugares de Galiza onde Verdegaia promocionou xa esta nova experiencia de consumo, e vista a boa acollida no primeiro mercadiño de troco realizado dentro do movemento LAR, decidimos fomentar esta experiencia nos distintos barrios da cidade, comezando polo Polvorín, e co animo de estendelo a toda a cidade. Animádevos a participar neste terceiro mercadiño, cuxa vontade é de que se realice con periodicidade.