Verdegaia Ourense e a asociación veciñal "Anacos da Cidade", organizarán o venres 29 de xuño, no barrio do Polvorín ás 20:30 horas, a primeira convocatoria do mercadiño de troco neste barrio da cidade de Ourense.

Despois do éxito da primeira convocatoria na cidade de Ourense do mercadiño de troco o 12 de maio pasado, Verdegaia quere estender a experiencia aos barrios da cidade, empezando polo Polvorín, queremos chegar a toda a cidadanía ourensá, para pór en valor o troco como un sistema de consumo responsábel, posto que implica unha toma de decisión sobre o que necesitamos e o que non; ecolóxico, porque se materializa aquí, na nosa cidade, dándolle unha segunda vida a obxetos que doutro xeito acabarían no lixo; e social, xa que pon en común as persoas que participan nel.

Agardámosvos.