esmelle.jpgA finais do ano 2003 a veciñanza da parroquia de Esmelle en Ferrol iniciou un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través de multitude de actividades. Unha delas celébrase o próximo sábado 18:  o Encontro Galego-Portugués no que haberá actuacións folklóricas, un xantar popular, unha feira de artesanía e tamén, convidados polos veciños, a Rede de Ferrol Troca organizará un mercadiño de troco e cesión. Trocaránse: -Libros -Menaxe de cociña -Artesanía -Audiovisuais -Xogos e xoguetes -Roupa -Aquelas cousas que podan ser de interese para outras persoas.

Data: sábado 18 de xullo
Lugar: Local Social de Esmelle-Ferrol
Horario: 10-14 hs. (o Encontro non rematará ata 19:30 h.)