A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.

Ate o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que nos conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.

Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!

A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.

Sinaturas de apoio:

Mabel Ribera. Actriz

Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor e catedrático. Académico.

Darío Xohan Cabana. Escritor. Académico.

Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor.

Manuel Rivas. Escritor 

Antón Santamarina Fernández. Académico e catedrático USC.

Pedro de Llano. Arquitecto.

Francisco Fernández Rei. Académico e catedráico USC.

Gustavo Luca de Tena. Xornalista.

Francisco Sampedro. Filósofo, ensaísta.

Margarita Ledo Andión. Directora de cine. Catedrática USC.

Antón Seoane. Músico e psiquiatra.

Suso de Toro. Escritor.

“Berrogüetto”. Grupo musical.

Agustín Fernández Paz. Escritor.

Marilar Aleixandre. Escritora.

Carmen Nogueira. Artista plástico.

Anxo Angueira. Escritor.

Gonzalo Navaza. Escritor e catedrático UVigo.

Antón Cortizas Amado. Mestre e escritor.

Xosé Manuel Souto González. Doutor en Xeografía. Catedrático.

Ramón Lorenzo Vázquez. Académico e catedrático USC

Xosé Miranda. Escritor.

Pilar Faxil. Documentalista.

Xabier Cordal. Escritor.

Iván Prado. Pallaso internacional.

Juan Carlos Román. Artista plástico.

X. Antón L. Dobao. Escritor.

Fran Alonso. Escritor.

Elvira Riveiro Tobío. Escritora.

Manuel Seixas. Profesor. Escritor e músico.

Fon Román. Músico.

Xavier Senín. Catedrático.

Xoan Anleo. Artista plastico.

“Skacha”. Grupo musical.

Mariano Abalo

Juan José Soto Vidal. Funcionario.

Brais González Pérez. Escritor.

“Soak”. Grupo musical.

Xosé Luís Santos Cabanas. Traballador Universidade de Santiago.

Xoán Manuel Estévez Freijeiro.

Aitor Rivas. Profesor.

Fátima Ferreira Golpe

“Skarnio”. Grupo musical

Fidel Diéguez Díez. Profesor.

Mercedes Martínez Fernández

“Lamatumbá”. Grupo musical.

Alba Nogueira. Profesora Titular de Dereito Administrativo USC.

Ángeles Castro Dapena. Arquitecta.

Mª Carmen Fernández Rodríguez. Deseñadora.

Xabier Vence Deza. Catedrático de Economía USC.

Mª Xosé Lázare Fouce

Camiño Noia Campos. UVigo.

Xulián Maure Rivas. Profesor e escritor

 

Xaime Nogueira Meixe. Libreiro.

Xosé M. García Crego. Técnico editorial.

Carme Hermida Gulías. Profesora Xornalismo USC.

Xosé Luís Regueira. Profesor Filoloxía USC.

Xosé Manuel Eyré. Crítico literario.

Xosé Henrique Costas. Catedrático UVigo.

Xosé A. Laxe Martiñán. Músico.

“Dakidarría”. Grupo musical.

Jorge Salgado Cortizas. Arquitecto.

Alberte González Rodríguez. Arquitecto

Francisco X. Redondo Abal. Bibliotecario e investigador.

Amparo Solla González UVigo.

Manuel Igrexas. Historiador.

Lourdes Pérez González

Iñaqui Solla Covelo. Bibliotecario

Xosé A. Fernánez Salgado. UVigo.

Uxío-Breogán Diéguez. Historiador.

Ana Iglesias Álvarez. UVigo.

“Skacha”. Grupo musical.

Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón

Xavier Blanco. Mestre de gaitas, Moaña

Mª Teresa Bermúdez Montes. UVigo.

Mariano Abalo. Funcionario.

Juan José Soto Vidal. Funcionario.

Manuel S. Fernández Álvarez. UVigo.

Brais González Pérez. Escritor.

“Soak”. Grupo musical.

Moncho Leal. Mestre.

Xosé Luís Santos Cabanas.

Xoán Manuel Estévez Freijeiro.

Aitor Rivas. Profesor.

Fátima Ferreira Golpe

“Skarnio”. Grupo musical.

Manuel Vidal Villaverde. Escritor.

Fidel Diéguez Díez. Profesor.

Mercedes Martínez Fernández

Natanael L. Caeiro

Mon G. Buhigas

Emma Lázare.

Jorge Salvador Fernández

Pablo C. Rielo Rodríguez

Óscar Antón

Emilio García Lorenzo

Rafael Balado Merino

Carlos E. Ríos Regueira

Xosé M. Felpeto Enríquez

José Ángel Carreira Montes. Arquitecto.

Manuel Fernández González. Arquitecto.
José Díaz Vieites. Arquitecto.
Manuel Lamas Castro. Serígrafo.
Gonzalo Velasco Vieiro. Pintor, grabador.
Pedro Agrelo Balado. Deseñador.
Delfín Blanco Rodríguez. Escultor.
Fernando López-Quiroga Teijeiro. Deseñador.
Daniel Hernández Ruiz
Suso Lista Neira, actor y blogger
Iago Garcia-Echave Puente, Arquitecto
Xabier P. DoCampo, escritor
Daniel Caxigueiro. Escultor
Xermán A. Refojo. Artista plástico,
Sara Sánchez Piñeiro. Filóloga

Encarna Otero Cepeda. Historiadora

Xaquín Marín, debuxante

Ricardo Méndez Maroto     

Ana Monteserín Cancio. Filóloga

Cristina Prieto Ledo. Fotógrafa

"Luar na lubre" Grupo musical

Paco Souto. Poeta

Miguel Mira Rey. Musicoterapeuta