Dende a rede A Ría Non se Vende, da que forma parte o núcleo comarcal de Verdegaia-Vigo, e que agrupa a diversos colectivos ecoloxistas e sociais, queremos convidar a tódolos cidadáns e colectivos  a que se sumen á concentración-manifestación contra o PXOM, o sábado día 15 ás 6 da tarde na rúa do Principe, diante do Marco. 

Pensamos que, dado o momento crítico (aprobación inmediata do PXOM), é importante sumar esforzos para que se vexa que non toda a poboación está satisfeita con este PXOM feito de costas á cidadanía e os seus intereses.

Unha vez máis, este plan propón un modelo desarrollista baseado na construcción de máis e máis vivendas e infraestructuras.  Preparan a cidade para unha duplicación da súa poboación nun intervalo de entre 12 e 20 anos. Naturalmente e coma é esperable, isto conseguirase a base de arrasar co extraradio que hoxe coñecemos.

Pensamos que é importante que participemos todos/as. Sabemos que moitos colectivos levan anos loitando en soidade e que seguramente os grupos que nós representamos non soubemos estar sempre a tempo apoiando as súas protestas , pero pensamos que nunca é tarde e que este é o momento de que as protestas cheguen ó Concello non só das plataformas de viciños afectados. Coidamos  que, aínda que tarde, é necesario que os colectivos ecoloxistas e sociais saian á rúa apoiando as protestas que durante anos levan os compañeiros dos colectivos veciñais.

Por iso, animámosvos a participar na concentración, e a ler o manifesto da mesma (que vén ben enteirarse) pinchando aquí en baixo:

arnsv_-_pxom_final1