Na madrugada do 13 de abril, Juani foi apresda no seu fogar sen cargo algún e segue presa posiblemente por máis de dous meses para ser interrogada. Posto que non ha cargos e a detención é unha coacción polo traballo que desenvolve en Palestina, polo que: Exigimos a inmediata liberación de Juana Ruiz Sánchez. Exiximos o Gobierno Español que exixa a posta en liberdade de Juana Ruiz Sánchez con carácter inmediato.

Verdegaia ven de asinar o manifesto polo que pretendemos transmitir a opinión pública e as Institucións a gran preocupación que ha pola situación de Juana Ruiz Sánchez, cidadá española residente en Palestina desde fai máis de 35 anos, que traballa como Coordinadora de Proxectos na organización sanitaria palestina Health Work Committees. Juana foi arbitrariamente detida e presa polo Estado Israelí desde fai xa 12 días e sen que medie ningún cargo concreto, so por que segundo a policía Israeli que debe ser interrogada.

A detención tivo lugar o martes, 13 de abril de 2021, a las 5.45 da mañá cando se presentaron en casa da familia de Juana, na localidade Cisjordana de Beith Sahur, preto da cidade de Belén, máis de 20 soldados israelís fortemente armados. Tras intimidar a Juana, e a súa familia, arrestaron a Juana Ruiz Sánchez para interrogala. Trátase dun longo interrogatorio que pódese prolongar ata o, luns, 26 de abril por decisión xudicial. Serán, así privada de liberdade, sen cargos definidos.

Tamén, na madrugada do pasado 8 de marzo de 2021, o exército israelí asaltou a oficina central de Health Work Committees (HWC), a organización sanitaria na que traballa Juana, na cidade de Al Bireh, detendo o Responsable del Departamento de Contabilidade de HWC, Tayseer Abu Sharbak, que continúa en prisión, e levándose equipos informáticos e documentación relacionada co traballo humanitario que HWC realiza en colaboración con organizacións internacionais, entre elas varias ONGs do Estado Español. Tamén está detido Saeed Abbad, que, na actualidade, non ten relación laboral con HWC, pero que foi responsable do Departamento de Contabilidade ata fai 2 años. Este Manifesto pretende tamén pedir a liberdade para ambos que están, igualmente, en detención administrativa.

Existen sospeitas fundadas, que os responsables das detencións procuran crear algún tipo de delito vinculado co financiamento dos proxectos que realiza a HWC e que pretenden involucrar a Juana Ruiz nesta acusación, así limitar os traballos da ONGs en Palestina.

Polo que as abaixo asinantes consideramos que é imposible que os proxectos financiados pola cooperación do estado español poidan ter ningún viso delitivo xa que a cooperación española, maioritariamente pública, obriga a realización das actividades previstas e a xustificación completa do financiamento dos diferentes proxectos que se levaron a cabo .

A HWC realizou decenas de proxectos sanitarios e sociais coa axuda da cooperación do estado. Son actividades como levar a prevención sanitaria as aldeas de Cisjordania, vacinar a crianzas de Jerusalén leste, que o Gobierno Israelí negouse sistematicamente a vacinar, levar a saúde prenatal y natal as mulleres de Cisjordania, realizar campañas de información e formación en innumerables cuestións relacionada coa saúde, cos hábitos sanitarios ou coa prevención das enfermidades máis comúns na zona, atender gratuitamente o 40% das súas pacientes nas 14 clínicas que ten a HWC polo territorio baixo a Autoridade Palestina e outras actividades polo estilo que, dificilmente, poderían considerarse sospeitosas de constituír ningunha clase de delito.

A pesar do seu carácter humanitario e sanitario, o quizá precisamente por iso, a HWC está sendo atacada intermitentemente polo Estado de Israel nunha política de represión, desgaste e desmantelamento das organizacións da sociedade civil palestina. E así seguir máis doadamente co seu xenocidio silencioso o pobo palestino.

Con este MANIFESTO:

Exiximos a inmediata liberación de Juana Ruiz Sánchez

Eximimos igualmente a liberación do resto das persoas detidas no transcurso desta nova operación de acoso a organización HWC.

Exiximos o Estado de Israel respecto o Dereito Internacional Humanitario e a os Dereitos Humanos da poboación palestina.

Exiximos o Estado de Israel a reparación material dos bens danados e/o confiscados a HWC.

Exiximos al Gobierno Español que prema para lograr a liberación de Juana Ruiz Sánchez con carácter inmediato.

Exiximos o Estado de Israel que se retire dos territorios palestinos e que cese no seu xenocidio sobre o pobo palestino.

E seguimos facendo extensible chamamento a todas as persoas e organizacións que loitan polos dereitos humanos, en xeral, e polos dereitos do pobo palestino, en particular, a que se sumen a este Manifesto e exixan, por este medio, a inmediata liberación de Juana Ruiz Sánchez e dos seus compañeiros das HWC presos.