En Verdegaia queremos volver manifestar o noso apoio aos/ás compañeiros/as de Ecologistas en Acción que se enfrontan a oito meses de prisión por unha acción non violenta que só pretendía denunciar a baixa moral de Caixabank. Aproveitamos para lembrarlle á cidadanía que non é inevitábel ser cómplice da destrutiva banca tradicional porque hai unha maneira máis ética de financiar.glengad3
 
Tamén queremos solidarizarnos coas once persoas condeadas en Bélxica (entre as que se atopa unha investigadora da propia Universidade de Gent) por opoñerse á experimentación con patacas transxénicas ao aire libre. Rexeitamos absolutamente un proceso xudicial que as trata como criminais con penas de seis a oito meses de prisión e multa de 25.000 euros.

 
A persecución das nosas persoas activistas por acoso policial, penal ou administrativo foi unha constante dende os comezos do ecoloxismo. É de agardar que canto máis moribundo se atope o capitalismo máis aumentará a represión e, ante isto, máis fortes e unidas deberemos seguir no convencemento de que estamos a facer o que debemos e saír reforzadas porque comprobamos que as nosas accións representan unha ameaza para o sistema. Así que, en homenaxe ás persoas represaliadas, a loita ten que continuar.