Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.

 

O USO DO CIANURO, UNHA LIÑA VERMELLA Cianuro-mata

 

Pretendemos que os grupos políticos con representación no Pazo do Hórreo trasladen ao ordeamento xurídico galego o contido da resolución aprobada polo Parlamento Europeo en 2010. Dita resolución pedía á Comisión que fixera efectiva a prohibición en todo o territrorio europeo das tecnoloxías mineiras baseadas no cianuro.

 

En Europa, países como Alemaña, a República Checa ou Hungría xa incorporaron ás súas respeitivas lexislacións esta prohibición.

No estado, a predemocrática pero aínda vixente lei 22/1973 de minas está fortemente orientada cara o produtivismo, esquecendo as consideracións de saúde pública e os impactos no ambiente.

En Galiza, a lei 3/2008 da minaría deixa unha ampla marxe de manobra para incorporar as recomendacións que o Parlamento Europeo fixo en 2010 encol deste tipo de técnicas con alto potencial contaminante.

 

Os tres grupos da oposición xa manifestaron a súa intención de dar traslado a estas iniciativas para o seu debate na cámara. Agardamos tamén que o grupo maioritario do PP sexa sensíbel a esta problemática e permita desterrar para sempre o risco que para o para o ambiente e para a xente do país supón o uso de milleiros de toneladas deste veleno en minaría.

 

Asinan: ADEGA, Amigos da Terra, FEG (Federación Ecoloxista Galega, composta por 18 organizacións), Salva la Selva, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e Verdegaia.