Retomando as boas vibracións nas Xornadas de Agroecoloxía do ano pasado, Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia decidimos apostar de novo pola difusión da agroecoloxía como forma de vida alternativa aos círculos comerciais actuais, tanto para consumidoras como para produtoras.

A nosa intención é achegar un pouco máis a toda a cidadanía ourensá as propostas existentes ou as que están en proceso de constitución dentro do campo agroecolóxico. Para iso propomos 15 días de diversas actividades que nos sirvan para nos aproximar máis ao mundo da agricultura e a pecuaria ecolóxicas.

Queremos resaltar da agroecoloxía o seu potencial transformador a respecto da sociedade onde vivimos, xa que implica actuarmos de forma activa contra os modelos de produción capitalistas, mudarmos as relacións meramente comerciais por outras que implican tamén a confianza entre produtora e consumidora, boicotarmos de feito as grandes superficies comerciais para poterciarmos as pequenas vendedoras locais, criarmos redes de consumo e distribución alternativas ás empresas distribuidoras (puramente lucrativas como intermediarias do proceso de intercambio).

Propomos, polo tanto, unha serie de palestras, mesas redondas, video-fórums e actividades formativas e musicais para nos achegarmos máis a este mundo e facérmonos máis partícipes del.

Máis información: www.agrourense.info