Este xoves, 1 de decembro, Amarante e Verdegaia organizan o II Curso Técnico sobre a Compra Pública Responsábel nas Administracións Públicas. Ferramentas prácticas para a súa aplicación. Ambas organizacións iniciamos hai dous anos un proxecto para fomentar, tanto nos concellos como na Xunta de Galicia, a incorporación da Compra Pública Responsable no seu traballo diario, principalmente no fomento de criterios éticos, sociais e ambientais na contratación pública.

Así 5 concellos xa aprobaron en pleno un documento a favor da Compra publica responsable e mantivemos reunións cos voceiros parlamentarios das 3 formacións políticas para ver como impulsalo tamén dende a Xunta de Galicia.

Neste senso, e trala boa acollida da I Xornada organizada por AMARANTE Setem na na EGAP (Escola Galega de Administración Pública) para persoal da administración, agora repetimos as xornadas recollendo as demandas e suxestións realizadas en dito curso.

Esta II Xornada de Formación en Compra Pública Responsable que conta co financiamento da Consellería de Medioambiente e a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, está dirixida especialmente ás entidades de carácter público, e estudiantes e profesorado que queira afondar nas dificultades que unha entidade pública pode atopar á hora de asumir estes criterios. Para iso contaremos con especialistas que levan tempo traballando no tema no que se verán os distintos xeitos de como avanzar e incorporar tanto dentro dos pregos dos contratos de licitacións públicas, como noutros espazos, que poidan facilitar a incorporación destes criterios no ámbito da xestión pública.

A Xornada terá lugar o xoves 1 de decembro do 2011 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e da Administración en Santiago de Compostela

Axuntamos o   programa  e pregamos que confirmen a súa asistencia antes do luns 28 de novembro do 2011, cubrindo o formulario de inscrición   inscricion.doc .
O límite de prazas é de 30 persoas e é gratuíto