O vindeiro sábado 16 de xuño, Verdegaia colabora na organización da II  andaina por Congostro en Rairiz de Veiga. Na andaina por esta parte das terras da Limia coñeceremos os seus ecosistemas máis valiosos: carballeiras, soutos de castiñeiros, bidueirais, paisaxes de mosaico e os aínda ben conservados usos tradicionais do espazo agrario. Xantaremos ao pé do Monumento Natural “A Carballa da Rocha”. Atravesaremos as Veigas da Limia, espazo declarado Lugar de Interese Comunitario (Rede Natura 2000) e percorreremos unha boa parte do concello de Rairiz de Veiga, declarado “Reserva da Biosfera” pola UNESCO, xunto con Allariz e A Bola.

Contaminación atmosférica, incendios forestais, mareas negras, perda de biodiversidade, cambio   climático…, 


Cantas veces nos preguntamos que cousas podemos facer para frear o deterioro medioambiental. Facer algo positivo e máis doado do que imaxinamos: plantar árbores é unha actuación sinxela na man de todos. Lembra que os bosques son o máis eficaz antídoto contra as principais enfermidades ambientais: contaminación atmosférica, escaseza de auga, desertificación erosión, extinción das especies…
 

Na andaina faremos unha plantación simbólica nun dos ecosistemas limiaos, comprometéndonos a facer unha actuación máis ampla no vindeiro outono-inverno. É preciso, máis que nunca, por en práctica a máxima

 "Pensa globalmente, actúa localmente"

Programa da Andaina

1º treito

Saída ás 10:00 horas desde Congostro (Aira da Moa)→ Ordes→ A Carballal→ Zapeaus→→ Carballa da Rocha (Monumento Natural) Outeiriño

Ás 14:00 horas xantar na Saínza

2º Treito  

Saída ás 16:00 horas desde A Saínza→ Veigas da Saínza-Ordes (espazo LIC Rede Natura 2000)→ Penelas

 chegada a Congostro ás 20:00 horas

Ao longo do percorrido contaremos con avituallamento e con vehículo de apoio.

Entregarase mapa da zona e rutómetro por se alguén quere ir por libre ou se quere perder.

Ás 20:00 horas, no Centro Interpretativo da Vía Nova, proxección do diaporama "Non Queimes o Futuro" da AS-PG, imaxes da andaina do ano 2006 e mesa redonda sobre montes, medio ambiente e voluntariado forestal.

Ás 22:00 horas cea na Aira da Moa con (música,  sorpresas, queimada…)

O Monte é Vida

Non Queimemos o Futuro