Folga Mundial polo Clima

A plataforma Galiza, un futuro sen carbón, da que fai parte Verdegaia, apoia a Folga Mundial polo Clima convocada para o próximo 27 de setembro. Será folga estudantil e folga de consumo, haberá mobilizacións nos centros de traballo e nas rúas, peches en apoio da loita climática,…

O manifesto que convoca a Folga Mundial polo Clima en España apunta que a resposta á emerxencia climática require de verdade, compromiso, acción, solidariedade e democracia. É urxente unha transición ecolóxica ambiciosa que enfronte as desigualdades sociais de todo tipo e recoñeza a poboación máis vulnerable.

O abandono do carbón é chave

Décadas de retórica vacía e de políticas débiles trouxéronnos á alarmante situación actual. Hoxe cómpre, máis que nunca, un compromiso climático serio e forte. É preciso garantir reducións de gases de efecto invernadoiro en liña co obxectivo de limitar o aumento de temperatura global a 1,5ºC. Requírese unha diminución das emisións globais entre o 40 e o 60% para 2030 a respecto de 2010. Para iso, é imprescindíbel e prioritario un rápido abandono do carbón na xeración de electricidade, particularmente en países como Galicia.

A ciencia asegúranos que estamos perante unha emerxencia climática, á beira dun punto de non retorno. Non se poden atrasar máis as políticas necesarias para recortar drasticamente as emisións humanas causantes da crise climática. Evitarmos que a temperatura global supere o perigoso limiar dos 1,5 °C debería ser prioritario.

Le aquí o manifesto.