Do 17 ó 28 de marzo pódese visitar gratuitamente a exposición "Freemos o cambio climático" no local de Verdegaia (Avenida da Habana, 64) en Ourense, en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h. de luns a venres, e os sábados de 10:30 a 14:00. 

Animamos a todo o mundo a ver este traballo de Ecologistas en Acción e de Verdegaia no que se analizan as causas, os efectos e as propostas de solución sobre un fenómeno tan grave como é o cambio climático.

foto_exposicin_cambio_climtico.jpg

A exposición consta de 14 paneis, a través dos cales se mostran as causas do cambio climático no mundo e máis concretamente en España, así como os efectos globais e os específicos e as posibles solucións que cada un/unha de nós pode achegar cada día para frear este problema de todos/as.