braas_sar.jpgVerdegaia reclama un desenvolvemento do Plan especial das Brañas do Sar que teña en conta os valores naturais do Río Sar e a sua ribeira e non un plan para convertir as Brañas nun parque urbano mais dos varios que ten a Cidade. O Plan especial de ordenación, proteción, mellora medioambiental e acondicionamento das Brañas de Sar non parece amosar, na súa aprobación definitiva, unha maior sensibilidade ambiental aínda que insta o Concello de Santiago a adoptar unha serie de medidas correctoras na actuación urbanística.

 

O Plan pretende a transformación das Brañas de Sar nun parque urbano para conectar a Cidade da cultura co resto da Cidade, suliñando as maiores deficiencias ambientais que presenta esta zona da Cidade, mais dun xeito limitado e miope que non garante a conservación do rio nen das especies de fauna e flora que alberga.

 A modo de exemplo, podemos salientar que o Plan recolle que as augas cloradas da piscina verten ao rio sen tratamento de nengunha clase, que as obras e trazas do Colector de Sar continuan a ocupar as Brañas ou que as vivendas do Rueiro dos Muiños non están conectadas á rede de esgotos municipal e que no ámbito do Plan existen ata tres naves que nen figuran na información catastral.

 Non obstante, temos que criticar – como o propio Plan recoñece – que a actuación urbanística do Concello deixa fora do Plan amplas zonas das Brañas nas que se desenvolverán plans parciais e solos urbanizables, a construcion do Centro Superior de Investigacións Científicas, de mais aparcamentos e de mais instalacións deportivas.

 Esta “miopia” ambiental do Concello leva a que o Plan incorpore a prolongación do Rueiro dos Muiños ata o multiusos e autorice a construcion (ate catro plantas nalgún punto) do Parque Urbanístico 10, no que se construirá o futuro edificio do CSIC. Todo isto supon unha maior impermeabilización aínda e unha redución inadmisible da Cunca do rio, que afectará gravemente as especies que alí habitan e que tampouco permitirá ás praderías que van desaparecer que cumplan a misión de descarga que lles recoñece o Plan especial.

 Todas estas agresións, mais as asumidas polo planeamento municipal para os espazos adxacentes (Polígonos industriais de Costa Vella e A Sionlla, desdobramento da autoestrada, novas urbanizacións nas costas da Cidade da Cultura e mais instalacións deportivas fronte as piscinas de Sar levan aparellada unha perda irreversible da ribeira do Sar e dos seus ecosistemas.

 A ausencia dun estudo de impacto ambiental no Plan especial foi oportunamente denunciada por Verdegaia e priva á cidadanía de Compostela da oportunidade de participar na tramitación e desenvolvemento do mesmo con criterios sostibles para garantir o futuro do Rio Sar.