Xa queda menos para o vindeiro encontro de Baladre en Coia (Vigo). Eiquí tendes o calendario de actividades e temas a tratar neste novo encontro. Pero que é Baladre é unha coordinación estatal que conten colectivos de todo o estado, con diferentes sensibilidades, pero con unha vontade común: a de denunciar a desigualdade, a pobreza e a marxinación en calquera das suás formas. Os colectivos que participamos na coordinación de Baladre o vimos facendo tanto en loitas sociais puntuais e/ou local, como a nivel global, en mobilizacións estatais e internacionais tales como as Marchas contra o paro, contra a Europa do Capital o contra o Fondo Monetario Internacional +info http://www.redasociativa.org/baladre/index.php.

Serán momentos de  moito traballo e tamén momentos para as relacións humanas.
Non volo perdades.
 

Calendario de actividades
 
25 VENRES
20h00 – Inicio do encontro coa charla: "Autoorganización e loita fronte á exclusión capitalista: Cooperativas, Proxectos formativos, Iniciativas de Desenvolvemento Comunitario"
Toni e Amalia (Coordinadora de Colectivos Parke Alcosa de Valencia)
Emiliano Tapia (Asociación Desenvolvemento Comunitario do barrio de Buenos Aires – Salamanca)
Manolo e Mariajo de Zambra (Asociación de ámbito estatal para o apoio de iniciativas sociais e comunitarias).
26 SÁBADO
9h30 a 14h00 – Temas Baladre:
Mapeo de como estamos en cada lugar
Relacións con CXT e Ecoloxistas en Acción: Avaliación de “Los Lunes al Sol”, Tinto de Verano, proposta de facelo en Buenos Aires do 21 ao 24 de xullo
Nova Lletra A
Viaxes a Arxentina, Uruguai e posiblemente Brasil para xornadas e seminarios sobre RBiS e máis…
Programa de radio “Nosotras las Personas”
Comida vegana na Cova dos Ratos
16h30 a 18h30 – Traballo en grupos:
Traballar sobre os materiais/documento para a próxima Lletra A, sobre as razóns que están detrás da falla de respostas sociais ante a perda de dereitos sociais.
19h00 a 21h30 – Accións conxuntas:
Proposta de continuar con accións conxuntas como as do 27 xaneiro. Cea incluída.
Cena de picoteo nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” de Coia
27 DOMINGO
10h00 a 14h00 – Temas Baladre:
Novo servidor onde aloxar páxinas web de Baladre
Valorar entrada en COOP57
Desenvolvemento do Encontro de Baladre de xuño en Madrid.
Estudos da RBiS en Alfafar e en Galiza.
Salvo a charla do venres que será na Cova dos Ratos (Romil 3) o resto de actividades serán nos locais da parroquia do “Cristo da Victoria” en Coia (Baiona 9, +info: http://odscoia.arkipelagos.net/content/onde-estamos)
A durmida será no centro social de Xogo Descuberto en Coia (Salvaterra 13, +info: http://xogodescuberto.arkipelagos.net/node/13), polo que é necesario que traiades saco de durmir e esterilla.
Persoas de contacto: Diego (696618732) e Kike (666946951)