Todos os grupos da FEG, da que Verdegaia fai parte, decidiron aglutinar ao movemento ecoloxista galego en defensa dos bosques e facer un acto de desagravio ao carballo. Preocupados pola tala insensata de árbores que está a levar a cabo o alcalde de Cerdedo, decidimos trasladar o acto a esa localidade. Desagravio carballos cartel

Por unha verdadeira prevención de incendios e contra a curta e a desaparición dos nosos bosques!

Sábado 21 de xullo ás 20:00 horas na Carballeira de Meilide – Cerdedo.

Podes descargar unha tarxeta jpg coa convocatoria e os apoios, un mapa de localización da Carballeira de Meilide onde se celebrará e outro mapa nunha folla de word.