Estanse a cumplir os obxectivos marcados na detección de puntos negros de atropelos 2013-06-12-Tourón-Muras

Cando xa pasaron dous meses dende que arrincou a campaña “Atropelos, non grazas!”, cómpre facer unha primeira valoración dos resultados obtidos nos primeiros pasos desta iniciativa para a detección de puntos negros de atropelos de fauna nas estradas galegas. Por un lado, énchenos de ledicia ver como os obxectivos marcados estanse a cumplir con creces mais, por outro, é moi decepcionante comprobar -cos datos na man- como cada semán son atropelados moitísimos animais salvaxes e domésticos na rede viaria do noso País.

 

O primeiro obxectivo marcado de participación da cidadanía estase a superar con creces xa que cada ano se plantexou recopilar un mínimo de 300 rexistros de atropelos e nestos dous meses de campaña xa se rexistraron 119 atropelos. O segundo obxectivo referido ó grao de coñecemento da poboación galega sobre a campaña, xa sobrepasou as nosas espectativas para todo o primeiro ano de campaña xa que se publicaron 9 novas sobre a campaña en blogues, xornais,… e concedéronse 3 entrevistas en radios. Os outros dous obxectivos referidos á detección de puntos negros e á resposta das administracións con titularidade das estradas onde se detectaron puntos negros, aínda non se poden avaliar.

No que respecta ás características dos rexistros recompilados cómpre salientar que corresponden a 30 estradas diferentes distribuídas polas catro provincias galegas e que un 92% dos rexistros (109 casos) correspóndense con fauna salvaxe. Os animais atropelados son nun 39% dos rexistros (46 casos) mamíferos, nun 60% aves (72 casos) e nun 1% réptiles. O mamífero que maior número de rexistros de atropelos posúe é o ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) con 21 rexistros e a ave con máis rexistros é o pombo (Columba palumbus) con 10.

Como se pode apreciar, estanse a cumplir os obxectivos mais son moi numerosos os atropelos rexistrados e esto amosa a fatídica realidade que vive parte da nosa fauna. Para atallar esta situación voltamos facer un chamamento á cidadanía para que colabore con “Atropelos, non grazas!” e así contribuírmos a rematar con esta sangría ambiental.

O método que hai que seguir para colaborar con Verdegaia nesta campaña é moi doado e consiste en: 1º) Recoller os datos dos animais salvaxes e domésticos atropelados nas estradas galegas que se solicitan na “Ficha telemática de recollida de datos de Atropelos, non grazas!” que podes consultar na páxina de Verdegaia (www.verdegaia.org), sempre coa máxima precaución posible e respectando en todo momento as normas de circulación e seguridade vial. 2º) Subir os datos recollidos á “Ficha telemática de recollida de datos de Atropelos, non grazas!” e, a poder ser, enviar unha fotografía do animal a atropelosnongrazas@verdegaia.org

Os obxectivos que persegue esta campaña son: 1º) Concienciar a cidadanía sobre o problema que supoñen os atropelos para as poboacións de animais salvaxes e para a propia seguridade vial das persoas. 2º) Localizar puntos negros de atropelos de fauna salvaxe nas estradas da xeografía galega. 3º) Solicitarlles ás administracións que teñan a titularidade das estradas onde se sitúan os distintos puntos negros localizados que tomen medidas para evitar máis atropelos de fauna salvaxe neses lugares. 4º) Localizar puntos negros de atropelos de fauna doméstica nas estradas da xeografía galega e propor medidas de xestión e concienciación para evitar máis atropelos neses lugares. 5º) Fomentar a participación da cidadanía na trasnformación social e na búsqueda de solucións ós problemas ambientais e sociais.

Verdegaia considera que os atropelos de fauna salvaxe ocasionan unha elevada mortalidade de individuos nas poboacións destes animais próximas ás estradas. Ademais, as estradas xeran a perda, fragmentación e degradación de hábitats e poboacións de animais salvaxes mediante o seu efecto barreira, a contaminación (lumínica, sonora e química), a dispersión lonxitudinal de especies invasoras, a xeración de efectos de borde,…