Este domingo 22 de xaneiro temos un novo roteiro dentro do programa "Vai de Roteiros", no que nos achegaremos ao Pico Sacro. A saída será ás 9:30 dende a Estación de Autobuses de Santiago de Compostela (entrada superior); dende alí colleremos o autobús de liña ate Lestedo, onde comeza a ruta (dende o cruceiro, sobre as 11:00 h.). O roteiro ascenderá ate o alto do Pico Sacro, facendo paradas nos puntos que polo, seu interese paisaxístico, xeomorfolóxico e/ou histórico teñan unha maior relevancia. Para coñecer máis deste espazo, as súas características e lendas, contaremos cun xeógrafo persoa experta en paisaxe, alén das achegas que poidan/queiran facer os asistentes; así mesmo, visitarase o centro de interpretación do Pico Sacro, xestionado polo concello de Boqueixón. Faremos paradas explicativas sobre paisaxe e impactos na comarca.

A volta farase igualmente no autobús de liña sobre as 17:20 hrs.
O roteiro é gratuíto (agás o pago do autobús de liña: 2,80 € ida e volta por persoa) e cómpre apuntarse no correo compostela@verdegaia.org para asistir.
Para máis información sobre o roteiro podes consultar a nosa páxina web (www.verdegaia.org), escribirnos ao correo compostela@verdegaia.org ou chamar a (676 029 049 – Sabela).

Data: 22 de xaneiro
Saida: as 9’30h. da estación de autobuses de Santiago de Compostela (entrada superior).
Comezo: da ruta as 11’00h. do cruceiro de Lestedo
Dificultade: baixa
Distancia: 8km.
Material necesario: roupa e calzado cómodo e de abrigo, chuvasqueiro e comida.

pdf Descarga o díptico do roteiro