Dia Da Abella: O 3 de marzo celebraremos en Arzúa a vitoria das abellas sobre o praguicida «Cascade»

A Plataforma contra as fumigacións e por un futuro sen praguicidas, da que Verdegaia fai parte, ten o pracer de convidarvos a unha xornada festivo-reivindicativa cadrando coa Festa do Queixo do día 3 de marzo en Arzúa.o dia da abella
Celebraremos que as abellas galegas se libraron do praguicida tóxico Cascade (flufenoxurón) grazas ao apoio de cen mil persoas concienciadas e o labor da nosa Plataforma. Pero como aínda quedan outros velenos que ameazan as as abellas e os nosos ecosistemas, temos que continuar a loita na súa defensa. na nosa defensa! E este acto servirá tamén para consolidar a Plataforma, coñecer a moitas das persoas que apoiastes a loita contra o flufenoxurón a través de Internet e analizar as outras loitas aínda precisas.

Lugar: Centro do Queixo e do mel. Feira Nova (Arzúa)

 

Programa de actividades

A partir das 10:00 h:

  • Degustacións.
    Durante a xornada, haberá degustacións comentadas dos diferentes meles de Galicia, acompañados polo queixo de Arzúa.
  • Obradoiro de candeas para nenos e nenas.
    Teremos obradoiros de candeas de cera de abella nos que cada participante fará a súa propia candea e levará como recordo da visita ó Centro do Queixo e do Mel.

12:30-13:30 h: Voces polas abellas

Durante a xornada -que será aberta ao público- a Plataforma tamén celebrará unha xuntanza de traballo (ás 11 h).

Esperámosvos!