observornitoloxico6.jpgO observatorio ornitolóxico existente na Lagoa de Doniños (Lugar de Importancia Comunitaria L.I.C. e Important Bird Area I.B.A), atópase nun estado deplorábel. Dende o NC de Verdegaia en Ferrol mandáronse escritos ao concello de Ferrol e a Delegación Provincial da Consellería de M.A. demandando o arranxo e acondicionamento do observatorio co obxecto de que este outono estea en óptimas condicións para o avistamento das aves que frecuentan a lagoa.

observornitoloxico2.jpgTanto a instalación como o propio terreo no que se asenta emprégase con frecuencia para outras actividades que nada teñen que ver coa ornitoloxía. O habitáculo de madeira , ademais de presentar múltiples cortes e pintadas, carece da balaustrada que existía na fachada norte, así como dunha das varandas das que dispuñan as escaleiras de acceso. Alén disto, o sollado de madeira presenta queimaduras producidas por unha fogueira prendida sobre o mesmo e numerosos restos de lixo fican espallados polo chan.

Dende Verdegaia consideramos necesario a adopción de medidas observornitoloxico7.jpgcomo o peche do observatorio por medio dunha porta que impida o uso indebido das instalacións. De xeito que a chave debería estar custodiada pola Concellería de M.A. de Ferrol, prestándoa por tempo limitado a aquelas persoas ou entidades que o soliciten previamente para o estudo ou a observación da avifauna. Os danos provocados que sufrisen as instalacións deberían ser asumidos polos usuarios das mesmas.

Cómpre tamén instalar un panel informativo de observornitoloxico10.jpgmadeira indicando o uso exclusivo das instalacións, onde dispoñer da chave, as especies de aves máis representativas, etc.. Con respecto ao acceso ás instalacións sería convinte instalar uns listóns de madeira inseridos no chan e firme de zahorra, de xeito que o carreiro non superase o metro de largura. Finalmente é preciso eliminar dous piñeiros de escaso porte situados fronte ás xanelas do observatorio que dificultan a visibilidade.