p1010039_pequena_web.jpgEste sábado 8 de agosto tivo lugar a presentación do Informe de Bandeiras Negras Galicia 2009, elaborado por Verdegaia no marco do informe estatal de Ecologistas en Acción, no porto de Massó (Cangas). Ás 11:00 h limpouse a zona durante aproximadamente unha hora, na que se sacaron varias toneladas de residuos de todo tipo (até un microondas).

mag_0174_pequena_web.jpgAproximadamente ás 12:30 tivo lugar a rolda de prensa, na que non había moita prensa presente, pero si varios medios gravando (ademais de todos os medios que recolleron información vía telefónica por non poder ter acudido).

Os/as relatores/as foron:

Sabela Iglesias, de Verdegaia, que presentou o resto dos/as relatores/as e moderou a mesa.

María José Ogando, de Verdegaia, que presentou o Informe de Bandeiras Negras Galicia 2009. p1010034_pequena_web.jpg

Xosé Reigosa, da rede A Ría Non se Vende, que explicou a situación da ría de Vigo.

Tiago, do Foro Social de Cangas, que falou da situación máis específica de Cangas e explicou a loita que se leva a cabo desde hai anos neste lugar e tamén do porto de Massó.

Evaristo Fernández, patrón maior da confraría de pescadores San José, de Cangas, que falou das terribles consecuencias do porto deportivo de Massó, xa que se perderán máis de mil postos de traballo directos e indirectos en contra dos 100 postos de traballo que promete quen está a favor do porto deportivo. Tamén comentou que a próxima semana seguramente haberá máis mobilizacións, que concretará en breve.

mag_0092_t_pequena_web.jpg

Todos/as os/as relatores/as agradeceron a presenza das persoas que estiveron o día 8 de agosto en Cangas e que levan tanto tempo loitando en contra da ilegalidade e das agresións ó medio que ten lugar na ría de Vigo e en toda Galicia.

Escoitáronse palabras tan expresivas como "facinerosos", "barbarie" ou "nós temos argumentos, eles usan as porras"…

mag_0112_3_pequena_web.jpg

Despois colocáronse dúas bandeiras negras nos extremos dos espigóns que pechan a zona onde se pretende situar o porto deportivo de Massó, con frases como "Porto deportivo, ilegal" ou "Clara Millán, demisión". Permitímonos tamén dicirlle que "Clara, aquí estamos os outros 20.000".

Por último comemos e bebemos para recuperar as forzas e até pesamos un estupendo día de praia.

Porque:

ONDE VIVIMOS A NÓS SI NOS IMPORTA e A LOITA CONTINÚA.

Grazas a todos/as pola vosa presenza e pola vosa forza. mag_0156_pequena_web.jpg