gandaras.jpgRoteiro polas Gándaras de Budiño rememorando o Día Internacional das Zonas Húmidas. O pasado sábado 6 de febreiro o núcleo comarcal de Verdegaia en Vigo organizou un roteiro polas Gándaras de Budiño-Ribeiras do Louro para celebrar o Día Internacional das Zonas Húmidas. O obxectivo de facer esta actividade por este espazo natural foi, unha vez máis, lembrar e concienciar ós/ás participantes do lamentable estado actual de esta zona húmida que pertence a Rede Natura 2000. 

A pesar das continuas agresións antrópicas que soporta este espazo con tantos valores ecolóxicos aínda lle quedan esperanzas para que cun pouco de axuda e boa vontade política volte recuperar parte do potencial que se lle negou.
 

 

_mag0099.jpg
 cartel.jpg
 

gandaras_b.jpg